Autor Mensaje
atempo
MensajePublicado: Mar Feb 13, 2007 18:58    Asunto: Concierto presentación del nuevo disco de Alberto Conde Trío

"Andaina"
Centro Cultural Caixanova en Vigo Sábado 3 de marzo de 2007. 20:30h.

ALBERTO CONDE TRÍO

ALBERTO CONDE ................................. PIANO
BALDO MARTÍNEZ ............................... CONTRABAIXO
NIRANKAR KHALSA ............................ BATERIA – PERCUSIÓN

ARTÍSTAS CONVIDADOS

CUCHÚS PIMENTEL.............................. GUITARRA FLAMENCA
MAITE DONO ........................................ VOZ

Un novo traballo discográfico une a dúas grandes figuras do jazz galego
[ Alberto Conde e Baldo Martínez ] interesados en intercambiar a súas experiencias e apoiados por Nirankar Khalsa [ percusionista - baterísta afroamericano ] conseguen crear unha música fresca e orixinal, que desvela os sentidos.
Esta formación, que está participando activamente en diversos festivais do panorama español, posúe un traballo, dentro do campo do jazz e das Novas Músicas, estenso e rico en formas e contidos. Cada un dos integrantes do trío ten a súa propia formación artística, unha longa traxectoria musical e 20 anos de incasábel labor as súas costas.

ANDAINA é un traballo musical onde novamente na procura da integración estilística, a Música galega viaxa a través do Jazz en composicións e arranxos para trío, creando unha atmosfera aberta, con sinxelas melodías, espontaneidade, expresividade e variedade de rítmos. Música galega enriquecida coa música afroamericana.
Nesta ocasión, engadese a colaboración de dous artístas, o guitarrista flamenco Cuchús Pimentel e a cálida voz de Maite Dono, a súa participación aporta novas cores a este particular e asemade universal paixase musical.
http://www.escolaatempo.com

Powered by phpBB 2.x.x © 2001,2002 phpBB Group